Aparatoloxía dixital de ultima xeración


Scanner intraoral 3 Shape en Cangas

Scanner intraoral 3 Shape

Tecnoloxía dixital pioneira que permite cun só click en menos de 3 minutos crear en 3D a anatomía real da boca do paciente para deseñar calquera tipo de prótese sen a necesidade dos incómodos moldes, fomentando así unha nova odontoloxía máis sostible eliminando residuos.

Sonda Florida en Cangas

Sonda Florida

É un instrumento computarizado que revolucionou a medición da sondaxe periodontal de forma indolora que exerce unha presión constante e moi fiable. Emprégase no diagnóstico e seguimento da enfermidade periodontal.

Cirurxía guida de implantes por computador en Cangas

Cirurxía guiada de implantes asistida e planificada por computador

Grazas á ciruxía guiada por computador conseguimos colocar os implantes máis rápido e na localización perfecta para a restauración posterior, sen sangrado, dor ou edema. En menos de 24 horas logramos repoñer toda a dentición ausente.

próteses libres de metal con deseño e fabricación asistida por computador en Cangas

Todas as próteses libres de metal con deseño e fabricación asistida por computador ( CAD- CAM)

Tecnoloxía dixital tridimensional innovadora pola que, tras escanear a boca do paciente, as restauracións son procesadas e fabricadas mediante unha mecanización asistida por computador. Isto xera unha excelencia na precisión protética.

Penguin RFA en Cangas

Penguin RFA

É un dispositivo médico non invasivo para medir a estabilidade do implante en cuestión de segundos de forma totalmente indolora. Con máis de 700 artigos publicados, o aparello de fabricación sueca, móstranos información de como de forte está suxeito o implante ao óso, tan valiosa para os nosos procedementos.

TAC

TAC DIXITAL DENTAL Radiodiagnóstico 3D (Escáner CBCT)

Un equipo que se torna fundamental para un diagnóstico correcto e planificación exacta, especialmente en campos coma cirurxía implantolóxica ou endodoncia. Por esta razón, na nosa clínica dental en Cangas implementámolo nos diferentes tratamentos.

Impresora 3D Varseo

Impresora 3D Varseo

Contamos coa innovadora impresora 3D dental, que nos brinda a posibilidade de realizar restauracións tanto temporais como permanentes despois de ter escaneado a boca do paciente. No mesmo día podemos fabricar a restauración e colocala na boca.

gratis

1º Visita gratuita

Quero ir
gratis

Aparcamento de balde

Atópanos
gratis

Pida a súa cita online

pedir cita
gratis

Coñécenos

Nos medios

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

Cita previa
whatsapp