Campaña de dentistas profesionais
A Clínica Dental Pablo Sieiro súmase activamente á campaña "A saúde non é cousa de risa" do Colexio de Dentistas de Pontevedra – Ourense cos seus principios:
- 01. Colexiarse é obrigatorio: Esixe polo tanto un dentista con nome, apelido e número de colexiado.
- 02. Esixe que un dentista realice o teu diagnóstico e determine as probas complementarias que se precisen. É a única persoa cualificada para facelo.
- 03. Non te fíes dos tratamentos que se ofertan con precios enganosos.
- 04. Non te fíes das promesas de tratamentos de balde adicionais. Dunha ou outra maneira acabarás pagándoos.
- 05. Os tratamentos garantidos de por vida non existen. Nin sequera os teus propios dentes ofrecen esa garantía.
- 06. O protésico dental (técnico de laboratorio) NON está cualificado en ningún momento para traballar na túa boca, sendo esto penado como un delito podendo correr incluso risco a vida do paciente, a súa labor limítase exclusivamente a confeccionar próteses no laboratorio.
Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.