Vantaxes das
caras de porcelana

As caras de porcelana son unha solución estética para mellorar a aparencia dos dentes. Trátase de láminas de cerámica que se adhiren firmemente ás pezas dentais, modificando a súa cor, forma, tamaño, aliñación e brillo.
Neste novo artigo que preparamos desde Clínica Dental Pablo Sieiro, explicarémosche todo o que necesitas saber acerca das caras de porcelana: que son?, cales son os seus principais beneficios?, cal é o seu tempo de vida? Segue lendo connosco e descobre as respostas a estas preguntas.
Que son as caras de porcelana?
Como acabamos de dicir, as caras de porcelana son unhas finas láminas que se pegan á parte frontal dos dentes. Son unha das alternativas máis populares para corrixir unha ampla variedade de problemas dentais, como dentes descoloridos, manchados, desgastados, lascados ou lixeiramente torcidos.
Na nosa clínica dental en Cangas ofrecemos aos nosos pacientes toda clase de tratamentos de estética dental, entre os que por suposto se atopa o das caras dentais. Contamos con caras de porcelana e caras de composite. A continuación contámosche as características e vantaxes das primeiras.
Por que apostar por caras de porcelana
As caras de porcelana son as favoritas tanto de dentistas como de pacientes por unha serie de motivos. A continuación destacamos os principais:
- Aspecto natural. As caras de porcelana pproporcionan aos teus dentes unha aparencia completamente natural. Pasarán totalmente desapercibidas.
- Tolerancia do tecido xenxival. O tecido das enxivas tolera moi ben a porcelana. Deste xeito, non se irritarán nin inflamarán as túas enxivas.
- Resistencia ás manchas. As caras de porcelana son completamente resistentes ás manchas. A diferenza do esmalte dental natural, a porcelana non se decolora co tempo.
- Mínima preparación. Este tipo de caras permítenche cambiar a cor e forma dun dente sen requirir unha preparación extensa antes do procedemento, a diferenza de fúndalas ou coroas.
- Durabilidade. A vida útil das caras de porcelana é unha das razóns polas que se volveron tan populares. E é que, en caso de seguir unha correcta hixiene bucodental e un mantemento adecuado, estas caras poden durar ata 15 anos en perfecto estado.
Axudámoste a conseguir o sorriso perfecto
Se estás a buscar unha clínica dental en Cangas do Morrazo especializada en tratamentos de estética dental, como as caras de porcelana, non dubides en confiar no equipo de dentistas e odontólogos profesionais de Clínica Dental Pablo Sieiro.
Consulta na nosa web como contactarnos e cales son os nosos horarios. Ofrecemos flexibilidade para que poidas combinar a túa visita coas túas obrigacións. Recupera a confianza no teu sorriso connosco!