TECNOLOXÍA AVANZADA

CLÍNICA DENTAL PABLO SIEIRO

APARATOLOXÍA DIXITAL DE ÚLTIMA XERACIÓN

SCANNER INTRAORAL 3SHAPE

Tecnoloxía dixital pioneira que permite cun só click en menos de 3 minutos crear en 3D a anatomía real da boca do paciente para deseñar calquera tipo de prótese sen a necesidade dos incómodos moldes fomentando así unha nova odontoloxía máis sostible eliminando residuos.

SONDA FLORIDA

É un instrumento computadorizado que revolucionou a medición da sondaxe periodontal de forma indolora que exerce unha presión constante e moi fiable. Emprégase no diagnóstico e seguimento da enfermidade periodontal.

CIRURXÍA GUIADA DE IMPLANTES ASISTIDA E PLANIFICADA POR COMPUTADOR

Grazas á cirurxía guiada por computador conseguimos colocar os implantes máis rápido e na localización perfecta para a restauración posterior, sen sangrado, dor ou edema. En menos de 24 horas logramos repoñer toda a dentición ausente.

TODAS AS PRÓTESES LIBRES DE METAL CON DESEÑO E FABRICACIÓN ASISTIDA POR COMPUTADOR (CAD-CAM)

Tecnoloxía dixital tridimensional innovadora pola que tras escanear a boca do paciente, as restauracións son procesadas e fabricadas mediante unha mecanización asistida por computador. Isto xera unha excelencia na precisión protética.

PENGUIN RFA

É un dispositivo médico non invasivo para medir a estabilidade do implante en cuestión de segundos totalmente indoloro. Con máis de 700 artigos publicados, o aparello de fabricación sueca, móstranos a información como de forte está suxeito o implante ao óso, tan valiosa para os nosos procedementos.

TAC DIXITAL DENTAL RADIODIAGNÓSTICO 3D (ESCÁNER CBCT)

Un equipo que resulta fundamental para un diagnóstico correcto e planificación exacta, especialmente en campos como cirurxía implantolóxica ou endodoncia. Por este motivo, na nosa clínica dental en Cangas implementámolo nos diferentes tratamentos.

IMPRESORA 3D VARSEO

Contamos coa innovadora impresora 3D dental, que nos brinda a posibilidade de realizar restauracións tanto temporais como permanentes despois de ter escaneada a boca do paciente. No mesmo día podemos fabricar a restauración e colocala na boca.

Confía na
nosa clínica
dental
en Cangas