Cepillado interdental:
que é e como se realiza?

A hixiene bucal completa va máis aló do cepillado tradicional. Para lograr unha limpeza profunda e protexer a nosa saúde dental, é fundamental que incorporemos o cepillado interdental á nosa rutina diaria. Neste artigo, explicarémoste que é, os seus beneficios e como realizalo correctamente. Se ao finalizar tes calquera dúbida ou queres pedir unha consulta, non dubides en facelo: un especialista da clínica dental en Cangas do Dr. Pablo Sieiro poñerase á túa disposición.

Que é o cepillado interdental?

O cepillado interdental utilízase para eliminar a placa bacteriana e os restos de comida acumulados nos espazos interdentais, onde o cepillo de dentes convencional non chega. Tal e como lle comentamos aos pacientes da nosa clínica dental en Cangas, estes espazos son especialmente vulnerables á formación de carie e enfermidades das enxivas.

Beneficios docepillado interdental

  • Prevén a carie dental: elimina a placa bacteriana acumulada entre os dentes, onde se inicia a formación de caries.
  • Combate as enfermidades das enxivas: reduce a inflamación e o sangrado xenxival ao eliminar a placa bacteriana e os restos de comida que poden causar xenxivite e periodontite.
  • Mellora o alento fresco: elimina as bacterias que causan o mal alento.
  • É fundamental para persoas con ortodoncia, implantes ou enfermidade periodontal: permite unha limpeza máis profunda en zonas de difícil acceso.

Como se realiza o cepillado interdental?

Se anda non o tes claro o estás a dar os primeiros pasos neste san costume de hixiene bucal, estes son os consellos máis salientables que che podemos dar:

1. Elixe o cepillo interdental adecuado

Existen diferentes tamaños de cepillos interdentales. É importante elixir o tamaño adecuado para cada espacio interdental. Podes consultar con nosos dentistas ou hixienistas para que te asesoren sobre a medida ideal para ti.

2. Humedece o cepillo

Humedece o cepillo interdental con auga antes de usalo. Isto axudará a que se deslice máis fácilmente entre os dentes.

3. Inserte o cepillo suavemente

Introduce o cepillo interdental no espazo interdental cun lixeiro ángulo. Non debes forzalo se non cabe.

4. Realiza movementos de vaivén

Realiza movementos horizontais de vaivén, sen presionar demasiado. Non debes realizar movementos circulares.

5. Limpa todas as superficies e enxauga ben

Limpa todas as superficies dos dentes, tanto a parte externa como a interna. Ao finalizar, enxauga ben a boca con auga despois de usar o cepillo interdental.

Recomendacións dos nosos dentistas en Cangas

  • Recomendamos realizar o cepillado interdental unha vez ao día, preferiblemente despois do cepillado tradicional.
  • Se tes dúbidas sobre como usar o cepillo interdental, consulta cos dentistas da clínica dental do Dr. Pablo Sieiro.
  • É importante cambiar o cepillo interdental cada 3 ou 4 meses, ou cando os filamentos desgástense.

 

O cepillado interdental é unha parte fundamental dunha boa hixiene bucal. Incorporalo á túa rutina diaria axudarate a manter un sorriso san e previr problemas dentais. E, como xa dixemos, se tes calquera dúbida, pide a túa cita canto antes.