Moas do xuízo:
cando é necesario extraelas?

As moas do xuízo, tamén coñecidas como terceiros molares, son os últimos dentes en sair na boca, xeralmente entre os 17 e 25 anos. Ainoa que algunhas persoas teñen a sorte de que as súas moas do xuízo crecen sen problemas, para moitos outros, estas moas poden ocasionar unha serie de complicacións que requiren a súa extracción.

Neste post, desde a Clínica Dental Pablo Sieiro, en Cangas, contámosche cando é recomendable ou mesmo imprescindible quitalas.

Cando se deben quitar as moas do xuízo?

A extracción das moas do xuízo recoméndase nos seguintes casos:

  • Impactación: Cando as moas do xuízo non teñen suficiente espazo para salir correctamente, poden quedar atrapadas debaixo das enxivas ou impactadas contra outros dentes, causando dor, inchazón, infección e dano aos dentes adxacentes.
  • Infección: As moas do xuízo impactadas son máis propensas a desenvolver infeccións, xa que son difíciles de limpar. As infeccións, á súa vez, xeran dor intensa, inchazón, febre e mal alento.
  • Apiñamento: Se as moas do xuízo saen parcialmente ou nunha posición incorrecta, poden empuxar a outros dentes, causando apiñamento e problemas de mordida.
  • Quistes ou tumores: En casos raros, pódense desenvolver quistes ou tumores ao redor das moas do xuízo impactadas.
  • Carie: Debido á súa localización na parte posterior da boca, as moas do xuízo son difíciles de limpar, o que aumenta o risco de carie dental.
  • Dor e molestias: Se as moas do xuízo provocan dor persistente, inflamación das enxivas ou dificultades para abrir a boca.
  • Prevención de problemas futuros: Mesmo se as moas do xuízo non están a supoñer ningún problema no presente, algúns dentistas recomendan a  súa extracción para previr complicacións futuras.
  • Tratamentos de ortodoncia: En ocasións é necesario extraer as moas do xuízo para que os tratamentos de ortodoncia sexan efectivos.

 

Como é o proceso de extracción?

A extracción das moas do xuízo é un procedemento cirúrxico que xeralmente se realiza con anestesia local. O dentista ou cirurxián oral fará unha incisión na enxiva para acceder á moa do xuízo e logo extirparaa.

Despois da extracción, é normal experimentar algo de dor, inchazón e sangrado. Non te preocupes, o teu dentista darache instruccións sobre como controlar a dor e la inchazón, e como coidar a área da extracción. A recuperación completa xeralmente toma entre unha e dúas semanas.

 

Confía nos sosos dentistas en Cangas

Se experimentas algún dos síntomas mencionados anteriormente, na clínica dental del Dr. Pablo Sieiro analizaremos a túa boca e determinaremos se é necesaria ou non a extracción das túas moas de xuízo. Ponte en contacto connosco e reserva cita previa na nosa clínica dental en Cangas. Esperámoste!