Beneficios dun branqueamento dental profesional

O branqueamento dental profesional é un tratamento odontolóxico que busca aclarar a cor dos dentes, eliminando manchas superficiais ou profundas causadas polo consumo de alimentos e bebidas colorantes, o envellecemento ou o uso de certos medicamentos.
Na Clínica Dental Pablo Sieiro, dentistas en Cangas, levamos a cabo este procedemento empregando as técnicas máis avanzadas e produtos de última xeración para garantir resultados seguros e efectivos.
En qué consiste un branqueamento dental profesional
Un branqueamento profesional xeralmente implica os seguintes pasos:
- Avaliación inicial. Realizamos un exame dental completo para determinar se es un candidato adecuado para o branqueamento e para identificar calquera problema dental subxacente que deba tratarse antes do procedemento.
- Preparación dos dentes. Previamente facemos unha limpeza profunda para eliminar a placa e o sarro, o que permitirá que o xel branqueador penetre de xeito máis efectivo no esmalte dental.
- Aplicación do xel branqueador. Aplicamos un xel branqueador de peróxido de hidróxeno ou carbamida nos dentes. Este xel contén un axente oxidante que descompón as moléculas que causan a decoloración.
- Activación do xel (opcional). Nalgúns casos, pódese utilizar unha luz LED ou láser para activar o xel branqueador e acelerar os resultados.
- Finalización do tratamento. Despois do tratamento, proporcionaránseche instrucións específicas para o coidado dos teus dentes e enxivas.
Principais vantaxes do branqueamento dental
Son moitas as razóns polas que cada vez máis pacientes deciden acudir a unha clínica dental para facerse un branqueamento:
- Sorriso máis branco e brillante. O branqueamento dental aclarará os teus dentes varios tons, mellorando significativamente a apariencia do teu sorriso.
- Aumento da confianza. Un sorriso máis branco mellorará a túa autoestima e farache sentir máis seguro de ti mesmo.
- Procedemento rápido e eficaz. Trátase dun procedemento rápido e eficaz, con resultados visibles nunha ou poucas sesións.
- Supervisión dun profesional. Ao realizar o tratamento nunha clínica dental, estarás baixo a supervisión dun odontólogo, o que garante a seguridade e a eficacia do procedemento.
- Resultados duraderos. Cos coidados adecuados, os resultados do branqueamento dental durarán varios anos.
Consideracións importantes
Existen certos aspectos que debemos ter en conta previamente:
- Sensibilidade dental. Algúns pacientes poden experimentar sensibilidade dental temporal despois do blanqueamiento. É algo normal e non preocupante, que remitirá paulatinamente co paso do tempo.
- Manchas intrínsecas. O branqueamento dentalé máis efectivo para eliminar as manchas superficiais. As manchas intrínsecas, como as causadas por certos medicamentos ou tratamentos de conduto, poden ser máis difíciles de eliminar.
- Mantemento. Para manter os resultados do blanqueamiento dental a longo prazo, é importante manter unha óptima hixiene bucal, limitar o consumo de alimentos e bebidas colorantes e visitar o dentista regularmente.
Necesitas un branqueamento dental?
Na Clínica Dental Pablo Sieiro de Cangas, realizamos branqueamentos dentais con todas as garantías. Contacta cos nosos odontólogos e asesorámoste sen compromiso.