ACTUALIDADE
CLÍNICA DENTAL PABLO SIEIRO
Desde a Clínica Dental Pablo Sieiro ofrecemos información de interese sobre os nosos tratamentos dentais en Cangas.
CAMPAÑA DE DENTISTAS PROFESIONAIS
A Clínica Dental Pablo Sieiro súmase activamente á campaña “A saúde non é cousa de risa” do Colexio de Dentistas de Pontevedra – Ourense cos principios:
01. Colexiarse é obrigatorio: Esixe por tanto un dentista con nome, apelido e número de colexiado.
02. Esixe que un dentista realice o teu diagnóstico e determine as probas complementarás que precise. É a única persoa cualificada para facelo.
03. Non te fíes dos tratamentos que se ofrecen con prezos enganosos.
04. Non te fíes das promesas de tratamentos gratis adicionais: Dunha ou outro xeito acabaralos pagando.
05. Os tratamentos garantidos para sempre non existen. Nin sequera os teus propios dentes ofrecen esa garantía.
06. O protésico dental (técnico de laboratorio) NON está cualificado ten ningún momento para traballar na boca, sendo isto penado como un delito podendo correr mesmo risco a vida do paciente, o seu labor limítase exclusivamente a confeccionar prótese no laboratorio.








